Wednesday 08 de May de 2024

O Goberno de Sánchez Bugallo saca adiante, por unanimidade, a declaración de especial interese do Centro de protonterapiaInicio Actualidad


O pleno extraordinario do Concello de Santiago, presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista: aprobou por unanimidade declarar de especial interese e utilidade municipal o Proxecto de “ Centro de protonterapia de Galicia “ en Compostela. O rexedor agradeceu o voto a favor de todos os membros da Corporación Municipal.

Minuto de silencio

Na súa intervención, Sánchez Bugallo destacou a importancia da localización deste centro de protonterapia en Compostela; xa que segundo a proposta debatida “supón unha mellora cualitativa e cuantitativamente esencial para a atención sanitaria e cumprimentación do dereito á saúde dos veciños e veciñas de Galicia e especialmente da cidade de Santiago de Compostela e a súa Área Sanitaria”. O rexedor explicou que no Estado Español só hai dous centros deste tipo, os dous privados; e que en Portugal non hai ningún. Un convenio entre a Fundación Amancio Ortega e o Goberno de España, permitirá habilitar unha decena de equipos de protonterapia que se ubicarán en distintas comunidades, entre elas Galicia.

O rexedor subliñou que a protonterapia “permite unha atención moi especializada a determinados tipos de cáncros. O feixe de protóns, permite vinculalo a puntos moi concretos e moi exactos”, o que conleva unha menor agresividade para determinados tipos de cancro, “como o de ollos”.

Trátase, continuou Sánchez Bugallo, dunha “actuación de extraordinario interese para toda a area sanitaria” porque permitirá “consolidar o noso hospital como centro de referencia ao dispór dun servizo exclusivo para unha área moi ampla; e porque na facultade de Física da USC conta co único equipo de investigación de protóns que hai en Galicia. “Contar con este centro en Santiago vai permitir que os investigadores da facultade de Fisica e o conxunto da investigación no ámbito biomédico poidan dispor dunha ferramenta que lle vai ser extremadamente útil”.

A continuación o alcalde explicou as dificultades do proxecto, “nun recinto hospitalario colmatado”, no que este centro non cumpliría nin a actual normativa urbanística nin na Lei do Solo, xa que os metros cadrados construidos obrigarían a habilitar máis prazas de aparcamento.

Sánchez Bugallo lembrou que foi o concello, durante os anteriores mandatos socialistas, sendo el alcalde, o que habilitou 700 novas prazas de aparcamento na contorna, e que segundo os estudos da comunidade autónoma, hai previsto un novo parque “de rotación, con novas prazas”.

Este acordo plenario, segundo explicou, é preciso para “reforzar e ampliar a motivación da urxencia e necesidade desta ampliación”.

Este era o segundo punto na orde do día. No primeiro, aprobouse cos votos a favor do Grupo Socialista, un expediente de modificación de crédito extraordinario por importe de 20.000 euros.